xoves, 15 de outubro de 2015

A violencia nos videoxogos e se de verdade fainos violentos


Sempre,no mundo dos videoxogos,a xente pensa que nos influencia de forma negativa,pensan que por xogar a un videoxogo violento,esto é mentira e é unha mostra da falsedade dos medios.Moitos medios como El País ou outros periodicos o telediarios falan de estudios que demostran que os xogos fannos violentos pero a realidade é que non.
Comencemos cos primeiros datos.Christopher J. Ferguson da universidade de Stetson (Florida),fixo un estudo nunha taboa onde pon o aumento de numero de xogos violentos e o numero de crimenes e actos violentos feitos por adolescentes no ultimo ano,os datos son claros

Nestes ultimos anos,o numero de xogos violentos aumentou moitisimo pero os crimenes feitos por adolescentes descenderon.Non se poden comparar estes datos porque a violencia dos adolescentes e os videoxogos,como podese observar,non teñen relación algunha.Esto debese a que non nos fan realmente violentos.Unha persoa violenta tera preferencia polos xogos violentos,pero esto tamen aplicase ao cine,pero tamen a xente que deteste a violencia e sexa mais pacifica tera preferencia polos xogos mais relaxados.Eu mesmo son un exemplo,eu son unha persoa pacífica pero gustanme os xogos violentos ( con certos limites) ao igual que teño amigos que non soportan estes xogos.Claro que se lle pomos a un cativo de 3 ou 4 anos,incluso 7 ou 8 pode alterar o seu comportamente pero é que esto non é problema do videoxogo en si,hai pais que mercan xogos para os cativos pero e que xa dende fai tempo levan un PEGI(Pan European Game Information) que indica as idades recomendadas dun videoxogo.Hoxe é comun ver nenos xogando a xogos como o GTA ou o Call of Duty,esos xogos terán unha influencia negativa porque non son xogos recomendados para eles.Pero a partir dos 12 ou 13 para adiante,esta influencia e moito menor o nula.O que fai violento a un cativo ou un adolescente é a educación que recibira.
Hai moitisimos estudos que din que fannos violentos pero a min o que me importa son os feitos,nesta década o numero de incidentes a manos de adolescentes decreceu mentres que o numero de xogos violentos aumentou moitisimo.Claro que hai casos de adolescentes que "inspirados" por un videoxogo matan a outra xente pero son casos aparte,outra xente mata pola sua relixión ou polo que ve na televisión porque esa é outra,eu teño visto anuncios e peliculas ou series en horario infantil poñendo peliculas +18 moi violentas e deso non vin a nadie queixarse pero non é correcto nin moral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario